Inicio » Taboleiro de anuncios » Información do anuncio

Data de publicación: 22/07/2021

Premios excelencia académica ao alumnado de grao. Proposta provisional

Segundo a ORDE do 28 de maio de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria dos premios de excelencia académica ao alumnado de grao universitario oficial que obtivese as mellores cualificacións no curso 2019-20 nas universidades do Sistema universitario de Galicia, a Universidade da Coruña publica a relación provisional do alumnado seleccionado de acordo cos requisitos establecidos nesta convocatoria. As persoas interesadas disporán dun prazo de 5 días desde o día seguinte á súa publicación, ata o xoves, día 29 de xullo, para efectuar as súas reclamacións ante a Vicerreitoría de Planificación Académica e Innovación Docente.

Documentos: