PREINSCRICIÓN / MATRÍCULA 2023/2024 #efectoUDC

ESTUDOS OFICIAIS

GRAO

Novos estudantes

Acceso á preinscrición

Estudantado admitido para iniciar unha titulación de grao na UDC segundo as listaxes que se poden consultar a través do programa NERTA

Acceso á matrícula

Prazos: calendario de preinscrición e matrícula

Continuación de estudos

Acceso á matrícula
Prazo: do 16 de agosto ao 4 de setembro de 2023

Cambio de universidade e/ou estudo

Consultar condicións e prazos na administración do centro

Solicitude de información sobre a matrícula

Nas administracións das facultades, escolas ou unidades de xestión académica integrada (UXAI) nas que se imparta a titulación.
Contacto das administracións dos centros

No Servizo de Organización Académica
Contacto

Procedemento

Logo de rematar o proceso de matrícula na secretaría virtual debe enviarse á administración da facultade, escola ou UXAI aquela documentación que se precise en cada caso, no prazo establecido (xustificantes de: familia numerosa, exención de taxas, discapacidade etc.). En caso contrario o alumnado decaerá nos seus dereitos. Pode poñerse en contacto coa administración da facultade, escola ou UXAI correspondente para coñecer os prazos establecidos.

En caso de participar nalgún programa de intercambio (Erasmus, Sicue etc.) debe verificar coa administración do centro ou UXAI correspondente que a matrícula efectuada se axusta ao contrato de estudos.

Os novos membros da UDC non deben olvidar, unha vez feita a matrícula, activar os servizos que permitirán ter acceso a un gran número de ferramentas telemáticas. O correo electrónico que se xera durante este proceso será o único medio de comunicación electrónico válido para as notificacións e informacións que remitirá a UDC.

Para máis información consultar a Normativa de xestión académica 2023/2024

Pagamento

Prezo da matrícula

Decreto  98/2023, do 22 de xuño, polo que se fixan os prezos públicos pola prestación de servizos académicos e administrativos nas universidades públicas do Sistema universitario de Galicia para o curso académico 2023/24

Pagamento en efectivo

Poderá realizarse un pagamento da matrícula íntegro ou fraccionado en catro prazos: o primeiro dun 40%, o segundo dun 30%, o terceiro dun 20% e o cuarto dun 10%.

Pode realizar o pagamento co impreso do resgardo de matrícula en calquera das entidades bancarias indicadas, ou ben efectuar o pagamento con tarxeta bancaria directamente nunha entidade bancaria ou de forma online.