Detalles do trámite

Iniciar trámite

Nome Solicitude de uso de instalacións universitarias

Unidade tramitadora SERVIZO DE PATRIMONIO, INVENTARIO E XESTION ECONOMICA

Finalidade Uso temporal das instalacións universitarias logo da solicitude por escrito das persoas físicas ou xurídicas que pretendan realizar a actividade ou celebrar un acto.

Descrición Formalización da solicitude:

1.- As solicitudes deberán presentarse, polo menos, con 30 días naturais, antes do comezo das actividades ou da celebracións de actos.

2.-As solicitudes, segundo modelo que figura como Anexo I, serán dirixidas ao xerente da Universidade.

3.-A Xerencia solicitará un informe previo aos/ás decanos/as ou directores/as dos centros, cando se tratar de instalacións das facultades e escolas.

4.- A resolución autorizando o uso temporal de instalacións da Universidade subordinarase, en todo caso, ás necesidades de docencia, investigación e a aquelas propias do funcionamento da Universidade.

5.- Cando a natureza da actividade o aconselle, a UDC requirirá ao solicitante que contrate un seguro de responsabilidade civil.

Perfís PDI PAS Estudante Cidadán

Normativa Consultar

Información adicional Non hai información adicional

Tipo de trámite Mixto

Require certificado electrónico Non

Require taxas Si

Silencio administrativo Non definido

Iniciar trámite