Inicio » Axuda e soporte

Axuda e soporte

Para axudarlle a configurar o seu sistema, pode consultar o documento de preguntas frecuentes.
Para soporte técnico e incidencias debe dirixirse ao portal web AxudaTIC

Persoal funcionario habilitado

A Secretaría Xeral da Universidade da Coruña determinará, mediante disposición, o persoal funcionario que posuirá a condición de habilitado. Aquel persoal habilitado poderá realizar tarefas relacionadas coa administración electrónica en nome daqueles cidadáns que así o soliciten.
O persoal funcionario habilitado para estas tarefas poderá atoparse no Rexistro Xeral da Universidade da Coruña (Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña).