Aspectos técnicos
Uso de certificados electrónicos
A sede electrónica da UDC usa como aplicación de autenticación e asinado electrónico o cliente de escritorio da Administración Xeral do Estado (AUTOFIRMA). Para poder usar certificados electrónicos, necesarios para utilizar o rexistro electrónico, a carpeta do cidadán e algúns trámites concretos, deberá ter instalada esta aplicación previamente no seu equipo. Pode descargala para diferentes sistemas operativos nas seguintes ligazóns:
Identificación
O enderezo electrónico da Sede da Universidade da Coruña será
https://sede.udc.gal.
A identificación da Sede realizarase mediante un sistema de sinatura electrónica baseada nun certificado de dispositivo seguro que identifica o dominio da Sede da UDC e do que é titular a Universidade da Coruña.
A información contida no certificado é a seguinte:
- 1. Código único de identificación:
0D:D8:0E:73:71:21:35:71:CA:51:E6:D2:E4:2C:CE:1B
- 2. Prestador de servizos de certificación que emite o certificado: C = NL, O = GEANT Vereniging, CN = GEANT OV RSA CA 4
- 3. Identificación da Sede: businessCategory = C = ES, L = A Coruña, O = Universidade da Coruña, CN = sede.udc.gal
- 4. Período de validez do certificado: 14.06.2022 - 14.06.2023
- 5. Límites de uso do certificado: Autenticación do servidor. Calquera propósito.
- 6. Pegada dixital do certificado (SHA-256):
2C:03:D9:06:3D:6C:43:7B:B4:7C:2E:A7:A1:99:AB:C3:98:AE:84:8A:38:4C:B7:C1:39:65:5C:25:CB:2E:74:BD
Comprobación do estado de revogación do certificado:
Selos usados pola UDC
En cumprimento do artigo 40 da Lei 40/2015, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos enuméranse, a continuación, os certificados en uso na Sede e os selos que se empregan na actuación administrativa automatizada:
Selo electrónico da UDC:
- 1. Código único de identificación:
56:ae:37:30:4f:4b:62:d1:61:97:45:b4:66:3b:8f:98
- 2. Prestador de servizos de certificación que emite o certificado: C = ES, O = FNMT-RCM, OU = CERES, serialNumber = Q2826004J, CN = AC Sector Público
- 3. Identificación do selo: C = ES, L = A CORUÑA, O = UNIVERSIDAD DE A CORUÑA, OU = SELLO ELECTRONICO, organizationIdentifier = VATES-Q6550005J, serialNumber = Q6550005J, CN = SELLO ELECTRONICO
- 4. Período de validez do certificado: 19.11.2021 - 19.11.2024
- 5. Límites de uso do certificado: Asinar transacción, Asinar documento, Codificar claves, Codificar documento, Autenticación de cliente, Protección de correo electrónico
- 6. Pegada dixital do certificado
(SHA1): FA:9C:9C:C4:4F:60:47:61:44:75:72:26:5B:CE:C1:8E:A0:70:D1:97
(SHA256): 84:76:32:DC:65:37:14:10:26:3D:F3:E5:25:22:55:99:D5:
08:9F:8B:9D:D7:F2:09:14:48:54:12:F2:5D:D4:4E
Comprobación do estado de revogación do certificado:
Declaración de conformidade co Esquema Nacional de Seguridade
De acordo co Capítulo VIII, artigo 41, do Real decreto 3/2010, de 8 de xaneiro, polo que se regula o Esquema Nacional de Seguridade no ámbito da Administración Electrónica, a Universidade da Coruña comunica que:
Os sistemas que forman parte e dan soporte a esta sede electrónica foron analizados seguindo as esixencias recollidas no citado real decreto. A UDC atópase no proceso de implantación do Esquema Nacional de Seguridade. Mentres tanto, os sistemas foron protexidos adecuadamente e sometidos a revisións de seguridade periódicas, así como ás actuacións precisas para manter o nivel de seguridade axeitado.