Data de publicación: 07/06/2021
Convocatoria I Edición Premios de Investigación Epifanio Campo
Con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente, a Cátedra Epifanio Campo convoca a I edición dos Premios de Investigación Epifanio Campo, coa finalidade de promover a investigación e de premiar aos mellores proxectos de investigación que supoñan un avance significativo na xestión e valorización dos residuos industriais para un desenvolvemento máis sostible. A convocatoria estará aberta ata o 16 de xullo de 2021.