Data de publicación: 13/06/2022
Premios excelencia académica ao alumnado de grao 2020/21. Proposta provisional
Segundo a ORDE do 19 de abril de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria dos premios de excelencia académica ao alumnado de grao universitario oficial que obtivese as mellores cualificacións no curso 2020/2021 nas universidades do Sistema universitario de Galicia, a Universidade da Coruña publica a relación provisional do alumnado seleccionado de acordo cos requisitos establecidos nesta convocatoria. As persoas interesadas disporán dun prazo de 5 días desde o día seguinte á súa publicación para efectuar as súas reclamacións ante a Vicerreitoría de Planificación Académica e Innovación Docente.


