Data de publicación: 18/02/2023
Corrección de erros da convocatoria de contratación Ref.: 2023/CP/014
Advertido un erro no apartado de titulación académica da memoria da convocatoria de contratación dun/dunha técnico/a administrativo/a para a Vicerreitoría de Política Científica, Investigación e Transferencia, con ref. 2023/CP/014 publicada o día 17.02.2023, publícase unha nova convocatoria de contratación que substitúe á anterior.


