Inicio » Taboleiro de anuncios » Información do anuncio

Data de publicación: 09/06/2023

Premios excelencia acedémica alumnado Grao curso 21/22. Relación provisional

Segundo a ORDE do 25 de abril de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria dos premios Ángela Ruiz Robles á excelencia académica ao alumnado de grao universitario oficial que obtivese as mellores cualificacións no curso 2021/2022 nas universidades do Sistema universitario de Galicia, a Universidade da Coruña publica a relación provisional do alumnado seleccionado de acordo cos requisitos establecidos nesta convocatoria. As persoas interesadas disporán dun prazo de 5 días desde o día seguinte á súa publicación para efectuar as súas reclamacións ante a Vicerreitoría de Planificación Académica e Innovación Docente.

Documentos: