Data de publicación: 14/06/2023
II Premios de Investigación Epifanio Campo
A Cátedra Epifanio Campo convoca os II Premios de Investigación Epifanio Campo, coa finalidade de promover a investigación e de premiar os mellores proxectos de investigación que supoñan un avance significativo na xestión e valorización dos residuos industriais para un desenvolvemento máis sostible. A convocatoria estará aberta ata o 17 de setembro de 2023.


