Data de publicación: 15/02/2024
Resolución de corrección erros Escala técnica espec. medios audiovisuais
RESOLUCIÓN do 6 de febreiro de 2024 pola que se corrixen os erros detectados na Resolución do 14 de setembro de 2023 (Diario Oficial de Galicia do 22 de setembro) pola que se convocou o proceso selectivo para a provisión de seis prazas vacantes da relación de postos de traballo de persoal de administración e servizos funcionario, de conformidade co establecido na oferta de emprego público de prazas de persoal de administración e servizos para os anos 2020 e 2022