Data de publicación: 01/10/2024
Convocatoria da UDC para préstamo de ordenadores portátiles, curso 2024-25
A Vicerreitoría de Estudantes e Empregabilidade considera necesario publicar esta convocatoria de préstamo de ordenadores portátiles destinada ao alumnado matriculado na Universidade da Coruña (UDC) no curso 2024/25 en titulacións oficiais de grao e mestrado que se atope en situación de dificultade e non estea a dispoñer dun ordenador que lle permita o normal seguimento das súas actividades académicas ao longo do curso.