Data de publicación: 21/02/2025
Axudas estadías predoutorais INDITEX 25. Relac. provisional axudas concedidas
Unha vez publicada a relación provisional de solicitudes admitidas e excluídas da convocatoria de axudas para estadías predoutorais UDC-INDITEX 2025, convocadas por resolución publicada no Taboleiro de Anuncios da UDC o 21 de novembro de 2024, e rematado o prazo de presentación da documentación requirida, esta vicerreitoría, en aplicación do previsto na convocatoria, resolve publicar a relación PROVISIONAL de axudas concedidas e excluídas