Data de publicación: 10/03/2025
Regulamento dos Servizos de Apoio á Investigación da UDC
Os Servizos de Apoio á Investigación (SAI) teñen como obxectivo optimizar os recursos científicos da UDC, potenciar a súa capacidade investigadora e conseguir o seu máximo rendemento ao facer accesibles os devanditos recursos a outros investigadores externos e atender así mesmo, a crecente demanda doutros organismos e entidades públicas e privadas. Debido á expansión e ao desenvolvemento que experimentaron os SAI durante os últimos anos e ao interese na súa potenciación, faise necesario adecuar a súa estrutura organizativa á nova realidade e manter as súas finalidades. Para poder asumir estes obxectivos, a UDC velará para que dispoñan dun equipamento idóneo e dun persoal cualificado.