Data de publicación: 03/04/2025
PREMIOS ÁNGELA RUIZ ROBLES EXCELENCIA GRAO 23/24. Listaxe definitiva UDC
Segundo a ORDE do 19 de febreiro de 2025 (DOG do 03/03/2025) pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria dos Premios Ángela Ruiz Robles á Excelencia Académica para o alumnado de grao universitario oficial que obtivese as mellores cualificacións no curso 2023/24 nas universidades do Sistema universitario de Galicia, a Universidade da Coruña publica a relación definitiva da súa proposta e as instrucións para presentar a aceptación do alumnado seleccionado, unha vez publicada pola Secretaría Xeral de Universidades da Xunta de Galicia, de acordo cos requisitos establecidos nesta convocatoria.