Data de publicación: 14/04/2025
Convocatoria - Bolsas estudantes necesidades educativas 24-25
A Vicerreitoría de Igualdade e Diversidade fai pública a Resolución reitoral do 11 de abril de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das bolsas para o estudantado con necesidades educativas especiais asociadas a discapacidade no curso 2024/25 e se procede a súa convocatoria. O prazo de presentación de solicitudes estará aberto desde o día seguinte da publicación desta resolución e rematará o 05 de maio de 2025.