Data de publicación: 15/07/2025
III Premios de Investigación Epifanio Campo
A Cátedra Epifanio Campo convoca os III Premios de Investigación Epifanio Campo, coa finalidade de promover a investigación e de premiar aos mellores proxectos de investigación que supoñan un avance significativo na xestión e valorización dos residuos industriais para un desenvolvemento máis sostible. A convocatoria estará aberta ata o 21 de setembro de 2025.