Data de publicación: 17/07/2025
Concurso de Fotografía CITEEConto... o que vexo
Este concurso de fotografía é unha das actividades organizadas con motivo da celebración do vixésimoquinto aniversario da inauguración do Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñaría Civil (CITEEC). O seu obxectivo é recoñecer a transcendencia da Enxeñaría Civil e a Edificación do noso mundo. O prazo para presentar as obras estará aberto ata o venres 12 de setembro do 2025.