Data de publicación: 01/09/2025
Bolsas competencias lingüísticas estudantado UDC. Convocatoria curso 2025/26.
Anuncio de 1 de setembro de 2025, da Vicerreitoría de Titulacións e Internacionalización, polo que se da publicidade á Resolución reitoral do 29 de agosto de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de bolsas para mellorar as competencias lingüísticas do estudantado da Universidade da Coruña e se procede á súa convocatoria para o curso 2025/26.