Data de publicación: 12/09/2025
Bolsa de colaboración para estudantes de Dereito e/ou Economía e Empresa no CS
O Consello Social da Universidade da Coruña fai pública a convocatoria dunha bolsa de colaboración na súa sede, dirixida a estudantes de Dereito e/ou Economía e Empresa da UDC para completar a súa formación universitaria. O importe bruto da bolsa será de 700 euros brutos mensuais e a duración da mesma será de 9 meses desde o 1 de novembro de 2025 ata o 31 de xullo de 2026 con xornada de luns a xoves en horario de 9:00 a 14:00 h.