Data de publicación: 25/09/2025
Convocatoria de bolsas Santander para persoal investigador predoutoral 2025
A Universidade da Coruña e o Banco Santander convocan doce bolsas do Programa de Bolsas Santander Axuda Económica para Persoal Investigador Predoutoral 2025 para promover e fomentar a calidade da educación superior e a actividade investigadora do persoal investigador predoutoral en formación que estea matriculado ou con relación laboral, académica ou investigadora coa UDC.