Data de publicación: 16/10/2025
Convocatoria 2025 de dúas bolsas de divulgación para alumnado da ETSECCP da UDC
Convocatoria 2025 de dúas bolsas de divulgación de titulacións para o alumnado da Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos da Universidade da Coruña. A Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos da Universidade da Coruña (ETSECCP) convoca DÚAS BOLSAS para realizar tarefas de divulgación da ETSECCP dos graos e másteres da Escola no curso académico 2025/2026 segundo os requisitos que se establecen na convocatoria. Para calquera información póñase en contacto coa Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos web: https://caminos.udc.es/hosting/web/