Data de publicación: 18/11/2025
Puntuacións provisionais da fase de concurso. Técnico/a I+D (OTRI)
Publícanse as cualificacións provisionais da fase de concurso do proceso selectivo convocado por Resolución do 12 de xuño de 2024 (DOG, 24 de xuño) para a provisión dunha praza vacante na escala técnica, subescala Técnico/a I+D (OTRI). Ábrese un prazo para presentar reclamacións contra estas puntuacións provisionais, conforme ao establecido nas bases da convocatoria.


