Data de publicación: 10/12/2025
Listaxe prov 2.ª ed "Xeración Talento" UDC colab. Fund Princesa Girona
Listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas De acordo coa Convocatoria de segunda edición do programa "Xeración Talento" na Universidade da Coruña (UDC) en colaboración coa Fundación Princesa de Girona, publicado no Taboleiro Electrónico Oficial (TEO) da UDC o 21/11/2025, unha vez rematado o prazo de inscrición que se indica na cláusula cuarta da convocatoria e despois da revisión pola Unidade de Emprego do cumprimento dos requisitos das persoas solicitantes, segundo a cláusula terceira das bases reguladoras desta convocatoria, publícase no ANEXO I a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas, co motivo da exclusión.


