Data de publicación: 02/01/2026
Corrección erros nomeamento tribunal promoción interna Esc. Téc. Conserxe
CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 23 de decembro de 2025 pola que se nomea e publica a composición do tribunal encargado de xulgar o proceso selectivo para o ingreso na escala técnica de conserxes, subgrupo C1, polo sistema de promoción interna, convocado por Resolución do 24 de setembro de 2025 (DOG do 7 de outubro). Advertidos erros na citada resolución, publicada na sede electrónica da Universidade da Coruña o día 29/12/2025, procédese á súa corrección.


