Data de publicación: 18/03/2026
Axudas UDC para estudantado por causas sobrevidas 2025/2026
Convocatoria do plan propio da Universidade da Coruña de axudas para o estudantado afectado por causas sobrevidas 2025/2026. En coherencia coa súa dimensión social e para a satisfacción dos principios e valores de equidade e de igualdade consignados nos seus estatutos, a Universidade da Coruña (UDC) sabedora de que o estudantado, por diversas circunstancias sobrevidas, pode sufrir unha grave deterioración da súa situación económica e persoal que comprometa a continuidade dos seus estudos, considera necesario establecer unhas axudas por causas sobrevidas.


