Data de publicación: 08/04/2026
Resolución das axudas provisionais para Cursos de Verán 2026
M.ª Cristina Naya Riveiro, vicerreitora de Divulgación, Cultura e Deporte, resolve e fai pública a relación provisional de colaboracións económicas concedidas segundo a Convocatoria para a realización de cursos de verán 2026 da Universidade da Coruña. As persoas interesadas teñen un prazo de 7 días naturais dende a publicación desta resolución para aceptar a axuda.


