Data de publicación: 10/06/2026
Convocatoria - Bolsas estudantes necesidades educativas 25-26
A Vicerreitoría de Igualdade e Diversidade fai pública a Resolución reitoral do 09 de xuño de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras das bolsas para o estudantado con necesidades educativas especiais asociadas a discapacidade no curso 2025/26 e se procede a súa convocatoria. O prazo de presentación de solicitudes estará aberto desde o día seguinte da publicación desta resolución e rematará o 30 de xuño de 2026.


