Data de publicación: 29/06/2026
Convocatoria para impartir un obradoiro e a Aula de Danza no curso 2026/2027
A Vicerreitoría de Divulgación, Cultura e Deporte convoca en réxime de concurrencia competitiva axudas a persoas xurídicas para unha dobre tarefa: o deseño e impartición dun obradoiro de danza contemporánea e a creación e dirección dun proxecto coreográfico para a Aula de Danza da UDC no curso 2026/2027. O prazo de presentación de solicitudes rematará ás 14:00 horas do día 24 de xullo de 2026.


