Data de publicación: 21/08/2026
Convocatoria: Deportistas de alto nivel (DANUDC) para o curso 2026/2027
A Vicerreitoría de Divulgación, Cultura e Deporte publica a convocatoria e abre o primeiro prazo para que os membros da comunidade universitaria soliciten a condición ou modifiquen a categoría de deportista de alto nivel da UDC (DANUDC) no curso 2026/2027. Este prazo finalizará o 15 de setembro.


