Data de publicación: 06/10/2026
Convocatoria préstamo ordenadores portátiles UDC 26/27
A Vicerreitoría de Estudantes e Empregabilidade fai pública esta convocatoria de préstamo de ordenadores portátiles destinada ao estudantado matriculado na Universidade da Coruña (UDC) no curso 2026/27 en titulacións oficiais de grao e mestrado que se atope en situación de dificultade e non estea a dispoñer dun ordenador que lle permita o normal seguimento das súas actividades académicas ao longo do curso.


