Detalles do trámite
Iniciar trámiteNome Solicitude de recoñecemento/transferencia de créditos
Unidade tramitadora SERVIZO DE ORGANIZACION ACADEMICA
Finalidade
Obter recoñecemento de créditos na titulación que se está a cursar na UDC de outros créditos obtidos en ensinanzas oficiais, na UDC ou noutras universidades, para os efectos de obter o título oficial que se está a cursar.
Asimesmo poderán ser obxecto de recoñecemento os créditos cursados noutras ensinanzas superiores oficiais ou en ensinanzas universitarias que conduzan á obtención doutros títulos, aos que se refire o artígo 34.1 da Lei Orgánica 6/2001, de 21 de decembro, de Universidades, modificada pola la Lei 4/2007, de 12 de abril.
A experiencia laboral e profesional acreditada poderá tamén ser recoñecida en forma de créditos que computarán aos efectos da obtención dun título oficial, sempre que esa experiencia estea relacionada coas competencias inherentes a dito título.
Obter a transferencia de créditos, o que supón que nos documentos académicos oficiais acreditativos das ensinanzas seguidas por cada estudante, se inclúan a totalidade dos créditos obtidos en ensinanzas oficiais cursadas con anterioridade, na UDC ou noutra universidade e que no conduzan á obtención dun título oficial.
Descrición
Inicio do procedemento mediante solicitude ao Decano/Director do centro, achegando a documentación acreditativa esixida [papel]
A Resolución do Decano/Director do centro a proposta da Comisión Académica, comunicase ao interesado [papel]
No caso de recoñecemento de materias de formación básica doutras titulaciones ou de materias de estudos de Formación Profesional xerase unha resolución en soporte informático a través de Xescampus.
O traslado do expediente académico do alumno dos recoñecementos/transferencias por parte do Administrador do centro esta informatizado.
No caso de resolución desestimatoria do Decano/Director do centro pódese interpoñer recurso de Alzada perante o Reitor. [papel]
Dita resolución o Vicerreitor de Títulos, Calidade e Novas Tecnoloxías, por delegación do Reitor, a proposta da Comisión de Planes de Estudo e comunicase ao recorrente [papel]
Perfís Estudante
Normativa Consultar
Información adicional Non hai información adicional
Tipo de trámite Mixto
Require certificado electrónico Non
Require taxas Non
Silencio administrativo Non definido