Detalles do trámite

Iniciar trámite

Nome Solicitude de acceso ao Viveiro de Empresas da UDC

Unidade tramitadora OFICINA DE TRANSFERENCIA DE RESULTADOS DE INVESTIGACION

Finalidade Solicitar un espazo no Viveiro de Empresas da UDC para o desenvolvemento dun proxecto empresarial.

Descrición 1. Publicación da convocatoria no Taboleiro Electrónico Oficial da UDC.
2. Os solicitantes deberán:
a. Entrar na páxina do Viveiro da UDC (http://otri.udc.es/viveiro), acceder a 'Última convocatoria' e descargar 'Formulario de solicitude'.
b. Cubrir debidamente devandito formulario.
c. Acceder á Sede Electrónica da UDC e subir o 'Formulario de solicitude' xunto coa documentación esixida pola convocatoria.
3. Finalizada a convocatoria, unha comisión de avaliación resolve os proxectos seleccionados.
4. A comisión, se o estima conveniente, contactará cos solicitantes para fixar unha data para realizar unha exposición oral do proxecto.
5. O procedemento finaliza coa publicación da resolución dos proxectos empresariais seleccionados.
6. A resolución definitiva outorgará unha autorización administrativa aos promotores dos proxectos seleccionados para a ocupación temporal do local asignado no Viveiro de Empresas da UDC.

Perfís PDI PAS Estudante

Normativa Consultar

Información adicional Non hai información adicional

Tipo de trámite Electrónico

Require certificado electrónico Non

Require taxas Non

Silencio administrativo Non definido

Iniciar trámite